sábado, 5 de mayo de 2012

I Congreso Local de Novas Xeracións de Ames.

O pasado mes de Marzo celebrouse o  primeiro Congreso Local de Novas Xeracións Ames, onde foi elixida Presidenta Local Uxía Elvira Otero Romero, quen levará as rendas deste novo proxecto que emprenden os mozos de Ames que compoñen Novas Xeracións: Alberto, Alejandra, Ana, Bea, Fani, Iván, Jose Antonio, Juan, Manuel, María, Martín, etc.

Comeza así un novo ciclo mirando cara adiante e con ganas de traballar por e para os xóvenes e iso é o que faremos dende NNXX de Ames. Somos o futuro e así o demostraremos traballando codo con codo co noso partido, xuntos e unidos, para mostrar ao noso Concello que os xóvenes contamos e temos ideas, ganas de facer que as cousas cambien, defender o noso traballo e que temos a vitalidade suficiente para axudar ao noso goberno, non só no goberno central, autonómico senón local dende este novo equipo que comezamos con moita ilusión.

Se queres formar parte do noso equipo estamos esperándote, Búscanos a través das redes sociais Facebook e Tuenti, ou envíanos o teu correo electrónico á dirección novasxeracions@ppdeames.org